DOLMEN DE DOMBATE
AUDIO DESCRIPCIÓN
Monumento funerario do Neolítico composto dúas mámoas superpostas: unha mámoa de 24 metros de diámetro e 1,8 metros de altura que presenta unha cámara poligonal longa, de sete ortostatos, aberta ao exterior a través dun corredor de tres treitos, orientado ao leste, ben diferenciado tanto en planta como en alzado. Este corredor, que aparecía tapado por unha lousa a xeito de porta continúa cara o exterior a través dun corredor ou dromos existentes na masa tumular.
Tanto a cámara como o corredor, presentan importantes restos de arte, sexa gravado ou pintura. É un túmulo antigo de 10,5 metros de diámetro e de 1 metro de altura, cunha estrutura interna formada por unha cámara de nove ortostatos aberta ao leste, ao que se accedía por unha entrada en pozo.
Este monumento megalítico é propiedade da Deputación da Coruña desde 1975.
HORARIOS:
Do 1 de xullo ao 15 de setembro (todos os días)
– De 11 a 14h e de 16 a 20h.
TELÉFONOS DE INTERESE:
– Atención ao público/guia: 672 435 736
– Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate: 619 914 973
– Concello de Cabana de Bergantiños (horario de mañá): 981 754 020